DISFRUTANDO DAS V XORNADAS DE DEPORTE ADAPTADO E INCLUSIVO

Financiadas pola Fundación Emalcsa, o Concello da Coruña e Gadis, dentro do programa Deporte Solidario, aquí están estas V Xornadas de Deporte Adaptado e Inclusivo

Malia a situación sanitaria que vivimos estes meses atrás, voltamos á nosa cita coas V Xornadas de Deporte Adaptado e Inclusivo, financiadas pola Fundación Emalcsa , o Concello da Coruña e Gadis, dentro do programa Deporte Solidario. Moita felicidade de poder levalas a cabo, gardando todas as medidas de seguridade e con todos os protocolos de hixiene esixidos pola pandemia.

Temos que volver dar as gracias a ASPACE e a todas as entidades sociais que confían en nós, así como á rede de Centros Cívicos municipais. Gracias, tamén, ao noso voluntariado e a todos os monitores e monitoras que  fan posible unha atención individualizada e de calidade.

Como en todos os anos anteriores, o Campus desenvólvese de luns a venres en dúas quendas horarias. Pola mañá dirixido a persoas con grave afectación e pola tarde a menores con diversidade funcional ou en risco de exclusión social. Os horarios de 11.00 a 13.00 e de 18.00 a 20.00 horas. As actividades son nos Campos da Torre e na súa contorna e consisten en actividades deportivas, lúdicas e de formación en valores.

Este ano as Xornadas levaranse a cabo ao longo de todo o mes de xullo e on só a primeira quincena, de tal maneira que os participantes poden escoller a semana ou semanas ou os días que poden ou queren asistir. Coma sempre, as Xornadas son totalmente gratuitas.

Como é obrigado e lóxico, gardamos todas as medidas de seguridade e prevención indicadas polas autoridades sanitarias despois da pandemia do Covid 19. Hai toma de temperatura e rexistro diario de persoal, voluntariado e participantes. As familias e acompañantes non poden entrar nin permanecer nas instalación. É de uso obridado a mascarilla. Cada participante debe traer a súa merenda e auga que non se poden compartir. Tampouco se poden utilizar nis vestiarios nin duchas e as bolsas e mochilas quedan a pé de campo ao longo da actividade, nun área debidamente indicada e sinalada a tal efecto. Todo o material é desinfectado ao finalizar a actividade cada grupo e ao rematar cada día.

Como vedes, temos todo a punto, nesta normalidade na que se esixe responsabilidade individual e colectiva. Nada nos gusta máis que coidar da nosa xente!!!. Si precisades máis información ou queredes inscrivirvos podedes facelo no correo do Club: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou no teléfono 620708025

#ForzaTorre #FundaciónEmalcsa #Gadis #ConcellodaCoruña #DeporteSolidario