DE NOVO MUNDIALITO DA INTEGRACIÓN!!!

Moi felices de anunciar que tamén este ano teremos unha nova edición do Mundialito a Integración

Non podemos estar máis felices de poder anunciarvos que, malia a crise sanitaria que vimos de vivir, este ano haberá unha nova edición do Mundialito da Integración!!!

Gracias á financiación da Fundación Emalcsa e Gadis a través do programa Deporte Solidario, podemos ter esta edición, mantendo todas as condicións de seguridade pero con toda a festa nas gradas e o bó fútbol nos campos.

Do 13 ao 20 de xullo, nos Campos da Torre, 28 equipos  representando a 20 países, récord total de participación, van disputar esta nova edición do Mundialito, có obxectivo de disfrutar do deporte, visibilizar a multiculturalidade e fomentar a actividade física do conxunto da poboación. Repartidos en oito grupos, con partidos dende as 20 h ate as 22 h, o Mundialito será unha nova festa de deporte e aficións .

Agradecer  ao Concello da Coruña as súas instalacións, á Fundación Emalcsa a fianciación e aos equipos participantes