VOLTAMOS CON BOISIMAS NOVAS!!!!

Non podíamos voltar con mellores novas!!!... os nosos #Modestos SON DE PRIMEIRA!!!

 

Foi ynha tempada difícil, foi un tempo extremadamente duro o do confinamento, foron semanas de tristura e de perda de seres queridos de moita xente, e de loita fronte a un inimigo voraz que nos encheu de amargura. Mantivemonos na casa, agradecendo a todas as persoas que nos estaban coidando o seu traballo, e actuando con sentidiño e responsabilidade. Rematado o confinamento recibimos a mellor das novas, o ASCENSO do noso equipo #Senior #Modestos. Estamos moi ledos por este traballado ascenso, que queremos dedicar a toda a plantilla, ao corpo técnico, á afición, ás familias, á directiva, aos patrocinadores e, dun xeito especial,  ao adestrador Pepe Cano e á memoria de seu pai que faleceu fai alguns meses. 

Queremos parabenizar a todos os clubes que acadaron os ascensos e mandar unha aperta a quenes se quedaron ás portas. O deporte é un relato continuado de luces e sombras, de éxitos e fracasos, pero cando hai esforzo, traballo e honestidade está todo conseguido, máis aló dos resultados da taboa. Coñecemos a ilusión e o mérito de moitos dos equipos que non acadaron o ascenso, estamos certos de que o acadarán nas vindeiras tempadas e que nos atoparemos moitas veces nos campos, para xogar, disputar e disfrutar todos xuntos. Moito ánimo!.

Moitos parabens ao noso equipo e a toda a #familiaTorre  e a seguir actuando con responsabilidade, coidandonos e preparando unha tempada que será moi ilusionante

#ForzaTorre #FinisterreMotor #Hyundai #ViajesCarraig #Glocal #CafeteriaInternacional #Fundaciónemalcsa #Gadis #ConcellodaCoruña