SEGUIMOS CO PROXECTO SOLIDARIO

Gracias á #FundaciónEmalcsa, #ConcellodaCoruña e #Gadis, seguimos desenvolvendo o noso proxecto de #DeporteSolidario, esta vez en #Senegal!!!

Xa están aló a meirande parte das equipacións, como podedes ver polas fotos que nos envían os nosos colaboradores, pero acaban de sair douscentos pantalons para completalas!... Énchenos de orgullo saber que unha parte do noso Clube Torre está polo Senegal axudando a cumprir soños a rapaces que o teñen  moito máis difícil que os nosos nenos e nenas.

Coñecedes ben a nosa vocación solidaria. Hoxe, de novo, queremos dar as gracias aos nosos patrocinadores nesta fermosa aventura, dun xeito especial á #FundaciónEmalcsa que có seu programa #DeporteSolidario a fai posible. Moitas gracias a eles, a #gadis polo apoio e ao #ConcellodaCoruña.

Un pedaciño do noso corazón está nesas praias de #Senegal. #ForzaTorre