O noso Presidente, Antonio Dubra, participou nunha Tertulia arredor do #FútbolGenuine no #DíaPersoasDiversidadeFuncional
Ben coñecedes o noso compromiso coas persoas con diversidade funcional, coas entidades que con elas traballan e coas causas que teñen que ver coa xustiza e a solidaridade, como os programas de #deportesolidario nos que nos axuda, sempre, a #FundaciónEmalcsa e os nosos patrocinadores #FinisterreMotor e #CafeteríaInternacional.
O #ClubTorre é moito máis que fútbol. É amizade, familia e valores.
O pasado día 3 celebrouse o #DíaInternacionalDiversidadeFuncional ou #DiaPersoasconDiscapacidade . Arredor desta conmemoración, a cadea de radio #IntercoruñaRadio organizou unha tertulia con clubes, entidades e deportistas involucrados no desenvolvemento do #FútbolGenuine na que participou o noso presidente, Antonio Dubra
Moi agradecidos polo convite e por compartir paixón e valores con tanta xente boa!!