VISITA A ASPACE

O noso Presidente, Antonio Dubra, visitou ASPACE para agradecer a confianza que sempre teñen en nós e a súa participación no Campus de Deporte Adaptado e Solidario

Sempre nos gusta moito visitar aos nosos amigos e amigas de ASPACE, unha entidade modélica no seu funcionamento, pioneira na atención á paralise cerebral e situada ahora entre as mellores en canto a metodoloxía e calidade asistencial.

Para nós, contar coa confianza de Aspace no noso Campus de Deporte Adaptado e Solidario - respaldado pola Fundación Emalcsa dende o seu programa de Deporte Solidario-   é unha honra e garantía de que estamos no bó camiño. Aproveitamos a visita para agradecer a dous cracks, Dani e Rafa, a súa colaboración e entrega e tamén a Sonia, a Directora, que nos regalou unha visita moi agradable e interesante.

Estamos verdadeiramente impresionados do gran traballo que se realiza en Aspace, da diversidade funcional que afrontan e da variedade de terapias, actividades e programas que teñen en marcha. Parabens e a seguir sendo a organización de referencia que sodes!!!

Moitas gracias!!!

#Aspace #FundaciónEmalcsa #DeporteSolidario