AGRADECIDOS POLO RECOÑECIMENTO

Moi agradecidos ao novo Concelleiro de Deportes polo seu recoñecimento ao noso traballo a prol do deporte adaptado!!

Tempo de mudanza en Maria Pita e coa chegada da nova Corporación e do novo Goberno Local chegan tamén as reportaxes e entrevistas nos xornais. O #DxTCampeón fai unha compreta reportaxe dos obxectivos e prioridades do novo Concelleiro de Deportes e Primeiro Tenente de Alcaldesa, Juan Ignacio Borrego. Nesa entrevista o concelleiro sinala o traballo do Clube Torre a prol do Deporte Adaptado como un exemplo a seguir. Recordaredes que él mesmo acompañou á Alcaldesa, Inés Rey en dúas visitas ás Xornadas de Deporte Adapatado e Inclusivo que levamos a cabo na primeira quincena de xullo, visitas nas que tiveron oportunidade de coñecer a nosa experiencia.

Agradecemos moito esta referencia, a confianza depositada en nós por familias, ONGs e institucións estes anos e este pulo de ilusión e responsabilidade que supoñen as palabras do noso Concelleiro. Agardamos seguir estando á altura desa confianza!!!!

#ForzaTorre!!!