PEDRO BARROS DISFRUTANDO DO CAMPUS HYUNDAI

O noso infantil Pedro Barros está feliz disfrutando do #CampusHyundai do #AtléticodeMadrid gracias á xenerosidade do noso patrocinador #FinisterreMotor

Sempre decimos que estamos moi agradecidos a #FinisterreMotor polo seu apoio ao longo de todo o ano, pero hai momentos moi especiais que multiplican ese agradecimento. este é un dos momentos. O noso infantil Pedro Barros está disfrutando do #CampusHyundai organizado pola multinacional do automóvil e polo clube #AtléticodeMadrid. Atopar no #WandaMetropolitano unha camiseta có seu nome, pisar o céspede e os vestiarios das estrelas, visitar ao primeiro equipo no seu adestramento en Los Angeles de San Rafael.. e xogar e aprender moito, moito fútbol. Un soño para Pedro e unha ledicia para nós, que queremos compartir con todos vós.

Gracias infinitas ao Atlético de Madrid pola atención que está prestando a estes mozos futbolistas, a Hyundai España pola organización e o impulso deste Campus e a Finisterre Motor polo seu respaldo ao noso Clube, sempre.

#ForzaTorre