REMATARON AS XORNADAS DE DEPORTE ADAPTADO FINANCIADAS POLA FUNDACIÓN EMALCSA

Rematan as #XornadasDeporteAdaptadoeInclusivo financiadas pola Fundación Emalcsa dentro do programa #DeporteSolidario 

Remataron as Xornadas organizadas polo noso Clube e financiadas pola Fundación Emalcsa dentro do programa #DeporteSolidario. Foron dúas semanas estupendas, cheas de alegría, participación e compañerismo e queremos agradecer ás entidades sociais que confían en nós o seu cariño e apoio: #EquusZebra #Aspronaga #AIND #FundaciónADCOR #Viraventos. Moitas gracias, tamén, a monitores e voluntariado pola súa entrega e xenerosidade e por traballar arreo ao longo destas Xornadas.

Moito agradecemento aos patrocinadores, ao Concello e ao persoal dos Campos da Torre que nos atenderon de maneira excelente e moitas gracias a todas as persoas que formáchedes parte destas Xornadas estes días. Esperámosvos o vindeiro ano!!!