PRIMEIRO MUNDIALITO FEMENINO

Un equipo do Torre e outro representando a #Bolivia disputan o Primeiro Mundilito Femenino

E despois de catro anos de disputarse o #MundialitodaIntegración tiña que chegar a incorporación dos equipos femeninos. Un equipo de xogadoras do Torre representando a #España e un equipo de xogadoras de #Bolivia disputaron este primeiro encontro do #MundialitoFemenino que, a partires deste ano, tentaremos que vais medrando cada ano con máis seleccions!!!

Moitas gracias ás xogadoras pola ilusión e o esforzo e ate tuvimos a sorte de ter á Alcaldesa da Coruña, Inés Rey, para facer este primeiro saque de honra!!!!

Gracias, sempre, ás entidades que nos permiten desenvolver estas actividades como #FundaciónEmalcsa #Gadis #ConcellodaCoruña #FinisterreMotor.