APRENDIMOS RUGBY COS NOSOS AMIGOS DO CRAT

Onte foi un día moi especial no que aprendimos a xogar ao #rugby cos amigos e amigas do #CRAT!!!  Moitas gracias!!!

Qué ben o pasamos xogando ao rugby cos amigos e amigas do CRAT. Queremos agradecerlles moito a súa xenerosidade e a magnífica tarde que nos dedicaron. A Mariana, xogadora internacional venezolana que este ano foi campioa de Liga coas cracks do CRAT femenino. Con José Carlos ao que todos chaman "Pájaro" que nos brindou todo o seu cariño e a súa habilidade para axudarnos a aprender e entender o rugby!!. A Tomás, xogador das categorías base do CRAT que pasou alí a tarde, compartindo a súa pasión deportiva con nós. E a o Director deportivo do CRAT, Humberto  Ramírez, amigo do noso Clube e promotor desta idea de que dedicásemos unha tarde a aprender un deporte que transmite valores de compañerismo, honestidade e lealdade.

Moitisimas gracias a todos!!!