HOQUEI, GOLF, XOGOS E FELICIDADE

Hoquei, golf, fútbol, pádel, xogos e moita felicidade!!!.. así podíamos resumir o cuarto día das #XornadasDeporteAdaptadoeInclusivo

 Un día perfecto, con moita e variada actividade. Pola mañá tocaron xogos e un paseo polo mini-golf que nos gustou a todos e todas!!!. Pola tarde tivemos a oportunidade de volver a xogar ao pádel, seguir mellorando o noso fútbol, brincar coas pelotas do pilates e aprender os principios do hoquei gracias a Tilahun Paz, xogador infantil do Hockey Club Liceo que veu compartir esta tarde con nós.

Mañá toca baloncesto!!!.. estamos desexando que chegue!!!