ÉXITO DO TORNEO INTERNACIONAL TORRE

Gran éxito deportivo e de participación o XIX TORNEO INTERNACIONAL TORRE celebrado có apoio de Finisterre Motor, Fundación Emalcsa e Leite Larsa

Máis de sesenta equipos galegos, catalanes, portugueses e de Senegal participaron no XIX TORNEO INTERNACIONAL TORRE celebrado o pasado fin de semana na Cidade Deportiva da Torre. Un Torneo xa clásico que vivía nesta 19ª edición dun xeito especial ao participar equipos visitantes que por primeira vez competían e disfrutaban da nosa cidade. O Torneo foi un éxito deportivo e de participación e una verdadeira satisfacción para o noso Clube poder contar tamén con equipos e amigos da Liga Coruñesa que sempre nos acompañan.

Non podemos por menos que agradecer a colaboración aos patrocinadores que o fixeron posible: Finisterre Motor e Hyundai como principais patrocinadores durante todo o ano, a Fundación Emalcsa e Gadis que sempre respaldan especialmente as actividades sociais e Leite Larsa que nesta ocasión nos axudou a alimentar ben aos xogadores e xogadoras. Gracias a todos eles!!. Gracias, tamén, a equipos, deportistas grandes e pequenos, familias, cadros técnicos e voluntariado que fixo deste fin de semana un momento moi especial. Agradecemos moito a colaboración de Pedro González, que nos fixo un magnífico reportaxe fotográfico e das persoas que nos acompañaron na entrega de trofeos, a viuva do sempre recordado Presidente, Orlando Garcia, o directivo do CRAT e amigo da nosa casa Humberto Ramírez e o concellerio do PP Roberto Coira que nos acompañou malia ser un día tan sinalado coa Toma de Posesión municipal. A todos eles moitisimas gracias!!!

E sin descanso, preparámonos xa para as nosas Xornadas de Deporte adaptado e inclusivo e para o Mundialito de Integración!!! 

Seguimos!!!