PERÚ GAÑOU O TORNEO LIGA SOCIAL

Éxito tamén do TORNEO LIGA SOCIAL organizado polo Clube Torre coa colaboración da Cruz Vermella

De xeito paralelo ao Torneo Genuine celebrouse o I TORNEO LIGA SOCIAL coa colaboración da Cruz Vermella e o apoio económico da FUNDACIÓN EMALCSA. Neste Torneo participaron as seleccións de Senegal, Ecuador e Perú, que foi a campiona final. este Torneo foi un pequeño adianto do que será o IV Mundialito da Integración que se celebrará no mes de xullo nos Campos da Torre e que é un evento social máis dos que nos fan sentirnos especialmente orgullosos!!!!. 

Moitas gracias ás entidades participantes, á Cruz Vermella por axudarnos, ao voluntariado das entidades sociais, aos xogadores e técnicos e á Fundación Emalcsa e Finisterre Motor por axudar económicamente a estes eventos!!