ÉXITO DO TORNEO GENUINE

Grande éxito do I TORNEO GENUINE con bó xogo, amizade e moita deportividade

Estamos moi satisfeitos do resultado do I Torneo Genuine Clube Torre, no que houbo moi bó xogo, amizade, diversión e deportividade. Queremos agradecer moito a participación dos clubes amigos R.C. Deportivo da Coruña, C.D. Lugo e S.D. Sofán, que convertiron nunha festa este Torneo. Moitas gracias ás familias, voluntariado, cadros técnicos e de maneira moi especial aos xogadores e xogadoras que deron un exemplo de entrega, calidade e deportividade.

Agradecer moito ao R.C. Deportivo da Coruña non só a participación senon o feito de colaborar con nós na conformación dun equipo Genuine do Torre e, como non, agradecer ao novo Presidente blanquiazul , Paco Zas, a súa presenza ao longo de todo o Torneo, amosando o seu compromiso persoal coa Liga Genuine. Moitas gracias!!!!