PRESENTACIÓN DOS NOSOS TORNEOS

O Clube Torre presentou os Torneos conmemorativos do 90 Aniversario acompañados de patrocinadores, xentes do fútbol e a familia Torre

O Clube Torre presentou este xoves, no Concesionario oficial de #Hyundai en #Finisterreotor, principal patrocinador dos nosos equipos, o conxunto de Torneos e actividades conmemorativas do #90Aniversario. Torneos de fútbol combinados coa actividade social nas que o noso Clube ten posto tantas gañas e tanto compromiso.

Foi un acto emotivo e divertido, no que tamén se presentou o chamado #CampusHyundai a celebrar en colaboración có clube #AtléticodeMadrid e no que participará un dos nosos xogadores deo equipo #Infantil despois do sorteo celebrado ao inicio do acto do xoves.

Na presentación, o presidente do Clube, Antonio Dubra, estivo arrpupado pola Directiva e corpo técnico do clube, xogadores, familias, ONGs coas que se colabora, persoal directivo de Finisterre Motor e polos presidentes da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e da AFAC, Manuel Vázquez. A todos eles moitas gracias!!!

Xa sabedes que temos por diante un verán de torneos, Campus e disfrute!!!

#ForzaTorre