Partidazo e victoria do #Xuvenil con remontada épica e hat-trick de Iago Ramos
Remontada épica do noso #Xuvenil diante do #Cambre. Os rapaces empezaron perdendo por 0-2 pero finalmente conseguiron a victoria xogando o seu mellor fútbol, cun fantástico hat-trick de Iago Ramos e cun gol antolóxico fabricado nunha gran xornada de Tuñas, que xa ten para contarlles aos seus pequechos do #BenxaminA.
Parabens ao equipo, ao cadro técnico e ao Presidente do #ClubeTorre que veu o choque dende o graderío!!
Seguimos!!! #ForzaTorre