RESULTADOS ANTES DO PARÓN DE SEMANA SANTA

Bos resultados os obtidos nesta xornada, que nos permiten seguir soñando en grandes obxectivos!!!

Foi esta unha xornada na que as categorías máis novas déronnos grandes alegrías, como os trunfos dos dous equipos de #Alevin, o importante empate do #BenxaminA e o novo éxito do #Prebenxamin que está xa nesa segunda posición da táboa.

Parabens a todos os equipos polo traballo feito!!. Ahora quedan uns días de descanso, nos que poderemos participar nos distintos Campus e Torneos que hai en marcha e nos que, con toda seguridade, algún adestradores aproveitarán para seguir mellorando cós seus equipos!.

Dende aquí queremos aproveitar para agradecerlles a todos o esforzo, novamente, a ilusión, as gañas e o cariño que poñen todos e cada ún deles neste #ClubeTorre que ten noventa anos pero un corazón moi novo!!

   #ForzaTorre