VICTORIA DO PREBENXAMIN

Unha nova e gran victoria do #PreBenxamín que se sitúa segundo na táboa clasificatoria

Canto nos gusta disfrutar vendo aos máis pequenos!!!.. canto nos gusta velos xogando e pasándoo ben entre eles e cós demáis equipos. Hoxe queremos agradecer aos entrenadores e tamén ás familias o cariño e o apoio que sempre lles dan, así como esa maneira de entender o deporte dos máis pequenos, como un lugar de encontro e de amizade. 

Gaña de novo o noso #PreBenxamín, que nos está regalando unha espléndida tempada!!.. Sitúase segundo na táboa e aquí deixamos, para celebralo, esta preciosa foto do noso Jorge Garrido, que xa vedes qué estilazo ten de artista do balón!!.

Parabens e seguios!!!   #ForzaTorre