CORRER NA CORUÑA QUÉ BONITO É!!

Chega o fin de semana da #MarathonAtlántica e dos #10Km . Moita sorte e a disfrutalo, valentes!!!!

Como non todo vai ser fútbol, saudamos nesta mañá de venres prevacacional, aos milleiros de persoas valentes que este domingo sairán ás rúas da nosa cidade para correr a #MarathonAtlántica e os #10kms . Moita sorte a todos e todas, ogallá vexamos as beirarrúas cheas de xente animando e disfrutade moito dun circuito ben fermoso, arredor da nosa península, correndo a pé dese Atlántico que lle da nome á proba.

Moito ánimo e lembrade que poucas cousas hai no mundo máis fermosas que correr nesta #Coruña ao pé da #Torre