MAGNÍFICA XORNADA!!!

Espléndida xornada para o conxunto dos equipos do Clube con victorias importantísimas !!!

De magnífica pode calificarse a xornada deste fin de semana, para o conxunto de equipos do clube, con victorias improtantísimas e só dúas derrotas malia os grandes encontros que xogaron os nosos , nos dous casos. Unha das derrotas foi a do #Cadete que empezou a Promoción de Ascenso perdendo pola mínima no campo do Laracha; gran partido e seguimos aspirando a todo, traballando con seriedade e cós nosos rapaces moi concentrados nesta tarefa. Parabens!.

A xornada foi, como esperábamos, a da clasificación matemática do #Infantil para a #FasedeAscenso!!!.. os rapaces que adestra Vicente levan feito un percorrido moi serio e importante, non só nesta tempada senon de tempo atrás e ahora comenzan a recoller os froitos. Ahora a descansar e seguir adestrando para cando comence a seguinte fase!!!. Felicidades a eles e tamén ao #Xuvenil que sigue firme a andaina, acadando un importante trunfo diante do Ordes, un dos equipos fortes da categoría, que viña dunha racha moi boa, gran traballo o deste equipo que nos está dando moitas alegrías!!!. E si os xuvenís xogaron un gran partido, os #Senior (Modestos) un partidazo diante do fortísimo Club do Mar de Caión, que viña disposto a cantar o ascenso nos campos da Torre e que só tivera perdido un partido antes de visitar aos nosos. Grandísimo traballo de Pepe Cano e todo o equipo e, como isto non para, a vindeira semana temos outro partido ben importante diante do Vizoño, quinto clasificado. A por todas!!!.

Victorias importantes, tamén do noso equipo de #Veterans diante do Mercurio e moi boa colleita entre os máis pequenos, categorías nas que o #Prebenxamín e o #AlevinB están enganchados nos postos de cabeza. Moitos parabens a todos os equipos e moito orgullo sentimos do traballo feito e do camino que queda por percorrer!!!. Seguimos, e #ForzaTorre