FELICITACIÓN DO CONCELLEIRO DE DEPORTES

Agradecemos moito a felicitación do Concelleiro de Deportes, Xose Manuel Sande

Agradecemos moito recibir unha nova felicitación polo noso #90Aniversario; unha felicitación que nos chega dende a Praza de Maria Pita na persoa do Concelleiro de Deportes, Xosé Manuel Sande. Ao longo destes catro anos, Sande foi a voz do Goberno Municipal nas cuestións que atinxen ao deporte e queremos salientar de novo o talante de diálogo que sempre mantivo. 

Agradecemos a súa felicitación e aproveitamos para desexarlle o mellor na súa vida persoal e profesional, ahora que deixa a primeira liña da política!!.

Seguimos conmemorando o 90Aniversario!!!  #ForzaTorre