CONTRA A VIOLENCIA NOS CAMPOS, CONCIENCIACIÓN

Primeira reunión do Comité de Fútbol Base deste novo ciclo, coa fonda preocupación polas situacións de violencia e falta de respecto nos campos donde xogan rapaces e rapazas.

As situacións de violencia e falta de respecto que se viviron recentemente nos campos de fútbol da nosa Comunidade Autónoma protagonizaron esta primeira reunión do Comité de Fútbol Base, que comenza ciclo coa fonda preocupación diante destes feitos intolerabeis. Por fin a eles e facer un chamamento á responsabilidade de todos os axentes implicados arredor do fútbol canteiran son as prioridades para a Federación Galega nas vindeiras etapas. Así, o Comité marcouse una serie de obxectivos e programas a desenvolver nas próximas datas cara a eliminar estes brotes de violencia e concienciar a familias, cadros técnicos, clubes e responsabeis federativos da relevancia de por fin a situacións que enchen de vergoña ao mundo do fútbol e que en nada contribuen á boa imaxen do noso deporte.

Debemos lembrar que a nosa responsabilidade colectiva non é só adestrar e ensinar a xogar ao fútbol, senon axudar a formar cidadáns honestos, solidarios e respectuosos cós demais. Conquerir que o deporte e a competición sexan unha ferramenta de disfrute e aprendizaxe compartido. Dendo o #ClubeTorre estamos dispostos a dar o mellor de nós mesmos para logralo e non imos tolerar ningunha manifestación violenta ou pouco acorde có espíritu de compañerismo que debe presidir adestramentos e partidos. Estaremos participando en todas as campañas que se poñan en marcha neste senso.

   #ForzaTorre    #XogoLimpo      #90Aniversario    #unidospolofútbol