FORZA, MARCO!!!

Os xogadores do equipo #Xuvenil mandan moita forza ao seu compañeiro Marco, que ten que estar no dique seco algún tempo

Xa sabedes que o noso equipo #Xuvenil vive unha época moi boa en canto a resultados se refire. Boa parte do seu éxito e deste andar cara a permanencia nesta difícil Primeira División débese ao bó clima e á cohesión de todo o equipo. Boa proba delo foi este pasado fin de semana no que todos quixeron apoiar, por unha banda a Pepe Cano, que ven de perder ao seu pai, lembrado nun minuto de silencio do encontro que disputaron, e por outra a Marco, un dos compoñentes do equipo que tera que estar unha tempada apartado dos terreos de xogo recuperándose dunha intervención.

O berro de toda a familia do #Torre, especialmente do #Xuvenil é unánime.. #ForzaMarco