FÚTBOL E SOLIDARIDADE

O Clube Torre fixo entrega dunha doazón de material deportivo ao Comité Cidadán Antisida dentro do programa #TorreSocial

O noso Presidente, Antonio Dubra, fixo entrega á Directora de CASCO, Sonia Valbuena, do material deportivo que precisan os xogadores desta ONG para participar na #LigaSocial da #Coruña, dentro das accións do programa #TorreSolidario respaldado pola #FundaciónEmalcsa. Un lote de botas de fútbol sala e balóns regulamentarios formaron este lote de entrega, que se completou có abono do #SeguroDeportivo para que os usuarios de CASCO poidan participar na #LigaSocial, seguro que tamén asumeu o #ClubeTorre. A entrega fíxose coa presenza de colaboradores do Torre e de CASCO.

O Clube Torre leva varios anos respaldando esta #LigaSocial na que participan distintas ONGs sociosanitarias e de inclusión social, como #Apem, #ACCEM  #PadreRubinos  #ACLAD  #ADCOR  e #Aspronaga, e que facilita o acceso ao deporte a personas que poden ter especiais dificultades para practicalo. Esta tempada, o Torre non só está colaborando con #CASCO senon que está levando a cabo distintas xestións para que se poidan asumir as cantidades económicas correspondentes aos seguros deportivos que non sempre poden desembolsar as ONGs. Ademáis, o Torre continua coa súa actividade social de cara a organizar o IV Mundialito da Integración e as IV Xornadas de Deporte Adaptado e Inclusivo, eventos xa tradicionais na cidade.