XIX TORNEO INTERNACIONAL TORRE

E chega o XIX TORNEO INTERNACIONAL TORRE, primeiro gran evento para conmemorar o #90Aniversario do Clube

Como xa vos contamos, este ano cumprimos os noventa e ao longo desta tempada e da vindeira celebraremos o noso #90Aniversario con distintos eventos deportivos, solidarios e sociais. Un dos eventos de maior importancia será o XIX TORNEO INTERNACIONAL TORRE, a celebrar entre o 13 e o 15 de xuño nos Campos da Torre e no que haberá sitio para competicións de todas as categorías, dende PreBenxamíns ate os Veterans incluindo o fútbol Femenino.

O Torneo é xa unha data tradicional dentro das nosas actividades, ainda que este ano terá unha dimensión internacional e incluirá todas as categorías. O Torneo, na categoría de Veterans denominarase "Memorial Orlando Garcia", como honra a quen fora o noso Presidente. 

Agardamos contar coa presenza de moitos clubes amigos de toda Galicia e que equipos e siareiros veñan vivir con nós esta festa do Torre S.D. que será, tamén, a festa do fútbol.

    #ForzaTorre                    #90Aniversario                 #PatrimonioCoruñés