UNHA IMPORTANTE XORNADA

Unha importante xornada, a que temos por diante, especialmente para #Infantil e #Senior 

Como podedes comprobar polas clasificacións e os rivais, temos por diante unha importantísima xornada na que algunhas categorías están xa xogando puntos moi importantes. Así, especial atención aos enfrontamentos dos nosos equipos #Infantil que xoga ante o líder, o Ural C, no campo de Elviña Pequeno o sábado pola mañá; promete ser un partidazo!!!.

O noso #Senior (os Modestos, como lles chamamos na Coruña), xogan fronte a un perigoso Sta Cruz nos Campos da Torre o domingo pola tarde, có obxectivo de acadar o ascenso no horizonte. Volven aos terreos de xogo as nosas rapazas do Femenino despois de dúas semanas de descanso e fano coma visitantes no campo O Redondo de Montrove.

Unha chea de partidos interesantes nos que, agardamos, estedes apoiando aos nosos equipos!!!. Lembrade que sin vós non somos nada, pero que con vós somos moito máis que un equipo de fútbol!!.. somos O Torre!!! 

     #ForzaTorre         #90Aniversario           #PatrimonioCoruñés