O NOSO TORRE EN SENEGAL

Un pedaciño do noso corazón, e do noso equipo, está xogando nas praias e rúas de Senegal

O fútbol non o é todo na vida, ou, alomenos, non é só un deporte, senon que pode ser un vehìculo de solidaridade e xustiza. Sabedes ben da nosa vocación social. O #Torre non  é só un Clube de fútbol senon unha familia que tenta axudar a quen o ten máis difícil, aquí, ao carón noso, e máis aló das nosas fronteiras, donde ate a auga é un artigo de luxo.

Coñecedes ben as nosas actividades de carácter social, especialmente no verán. O #MundialitodaIntegración, as #XornadasDeporteInclusivo ou a nosa entusiasta axuda para a celebración da #LigaSocial na nosa cidade. Pero quixemos ir máis lonxe, que o espíritu social do #Torre e a mán de tantos coruñeses e coruñesas que marcaron a nosa historia arlequinada chegase aos países máis desfavorecidos. E nese camiño atopamos o mellor aliado, Birame, un colaborador noso, xeneroso, activo e capaz, que está desenvolvendo unha magnífica actividade na Coruña e no seu país, #Senegal. Él sirvenos non só de emisario, no seu país, senon de aliado á hora de discurrir novos programas e proxectos dos que vos iremos dando conta.

De momento, aquí tedes a algunhos dos nosos amigos dese #TorreenSenegal , dispostos a xogar pero tamén a aprender, a loitar por unha vida mellor e a amosarnos cómo os seus soños son parellos aos nosos.. familia, traballo, vida, futuro.. E nós queremos axudar a que logren todo iso. 

Gracias, Birame, pola túa xenerosidade, e gracias a todas as persoas que nos están botando unha mán para que ir construindo ese #Torre senegalés que terá, seguro, un moi longo percorrido.. e non só no fútbol!!!!. Seguiremos contándovos!!!

#ForzaTorre                         #90aniversario                                            #PatrimonioCoruñés                                     #TorreSolidario