A REVISTA DO FÚTBOL FEMENINO

Unha publicación mensual que fai un completo percorrido polo fútbol femenino galego, español e mundial

Carlos Castro e Oscar Losada, xornalistas, apaixoados do fútbol femenino e loitadores no difícil mundo da edición, levan xa sacados 64 números dunha publicación de carácter mensual que paga a pena seguir. A "Revista do fútbol femenino"  bota unha ollada máis qeu completa ao panorama deste deporte e achéganos, cada trinta días, os resultados dos equipos, os perfís de xogadoras e técnicas ao tempo que rescata da memoria perdida aqueles pequenos (grandes miragres) que fixeron posible que o fútbol femenino sexa hoxe o que é.

Nun exercicio metódico e exhaustivo de compilación da información que xenera o fútbol femenino a nivel mundial, Carlos, Oscar e o seu equipo, fan un percorrido cheo de contido e de emoción. Atoparemos, nas súas liñas, mulleres pioneiras que xogaron fai décadas, equipos técnicos innovadores ou perfís das que serán as estrelas do futuro. No número de xaneiro recóllese a Gala Anual do Fútbol Femenino que tivo lugar en Abegondo a finais de decembro e que recoñeceu como a mellor xogadora galega da tempada anterior á dianteira do Valencia, Mari Paz Vilas, a única galega que foi convocada pola Selección Española na tempada 2017-18. Además desta futbolista a outra gran triunfadora foi a deportivista Tere  Abelleira, campiona de Europa Su-19 con España o pasado verán.  Premiáronse as traxectorias da colexiada Zulema González, de xóvenes deportistas de distintas categorías e o R.C. Deportivo da Coruña foi recoñecido como o mellor clube femenino.

 Resumindo, non vos perdades esta publicación que vos axudará a coñecer, máis polo miudo, o fútbol femenino galego e mundial. Parabéns aos editores!!!

#ForzaTorre     #90Aniversario #PatrimonioCoruñés