O fútbol femenino bate récords

O partido de Copa entre o Bilbao e o Atlético de Madrid bate o récord de público nun partido de fútbol femenino en España

O pasado mércores o novo San Mamés viu cómo as súas gradas se enchían de público para presenzar a eliminatoria de cuartos de final da Copa de la Reina entre o equipo local e o Atlético de Madrid. Máis de 48 mil persoas disfrutaron dun gran encontro no que as leonas non puideron ofrecerlle á entusiasta afición local un trunfo e perderon diante do potente Atlético de Madrid. Malia todo, a festa estaba servida. O partido non só foi un récord para un partido de fútbol femenino senon que foi a terceira mellor entrada do novo estadio, despois da final da Champions Cup de rugby 2018 e dun encontro entre o Athletic e o Real Madrid; isto da idea do gran interés que desperta o fútbol femenino neste momento.

Énchenos de ledicia e de ilusión ver cómo a incorporación das mulleres ao deporte -nomeadamente ao fútbol- logra superar barreiras e engancha á afición. Estamos traballando arreo para que tamén o noso Clube sexa quen de atraer a xóvenes que queiran empezar ou completar a súa formación deportiva e que se apaixoen có fútbol. Ogallá a foto deste San Mamés cheo se repita en todos os estadios de España, tamén nos campos coruñeses. Traballaremos para conseguilo!!

#ForzaTorre #fútbolfemenino #90Aniversario #PatrimonioCoruñes