ESTAMOS DE ANIVERSARIO

 

 

 

Estamos de aniversario!!!! Cumplimos noventa anos, pero mantemos o espíritu mozo e ilusionado de cando empezamos esta andaina, aló polo inicio do século XX. Estamos de aniversario e queremos celebralo con todos vós!!!

Neste ano 2019, a cabalo entre dúas tempadas, conmemoraremos o noso 90 aniversario. Farémolo poñendo en marcha moitas actividades deportivas, culturais e lúdicas nas que queremos contar coa presenza de todos vós e na que faremos un percorrido histórico por todos os nomes que nos permitiron chegar ate aquí. 

Xa sabedes que temos unha especial querencia polas actividades de carácter social e inclusivo. Non faltarán a esta cita eventos xa tradicionais, cunha marcada vocación social: o IV MUNDIALITO e as IV XORNADAS DE DEPORTE INCLUSIVO, así como todas aquelas iniciativas nas que poidamos axudar a persoas ou entidades que o precisan e, deste xeito, devolver á nosa cidade unha parte do cariño e o apoio que sempre nos mostrou. 

Será, pois, un ano intenso no que vos invitamos a participar de cheo, a deportistas, familias, persoal técnico e todos aqueles amigos e amigas dun clube como o noso, que se sinte patrimonio coruñes!!. 

Gracias e forza Torre!!!!