Ir ao contido
Atención ao público: Luns a venres, de 17:00 a 19:30 Avenida de Navarra 59, baixo esquerda 981 25 15 88
Inscríbete

O Club

Unha asociación deportiva do barrio da Torre, aberta a todos, desde 1929.

Club Torre, S.D. é unha asociación deportiva orientada ao fútbol, á competición e ao lecer, nacida en 1929 no barrio da Torre, á beira da Torre de Hércules.

1929Primeira crónica en La Voz
1942Ingreso na Federación
1946Campión de Liga e da Coruña
2013A sede volve ao barrio

Quen somosUn club aberto a todos

Competición e lecer

Estamos moi orgullosos dos nosos equipos, pero tamén dos grupos de afeccionados que se xuntan simplemente para gozar do fútbol no seu tempo libre.

Sen diferenzas

Non facemos diferenzas entre os nosos socios: quen queira pode facerse membro do club. Os nosos adestradores están cualificados para cada equipo e categoría.

Comunidade

Sempre nos alegra recibir novos membros con ganas de participar na vida do club, organizar actividades ou excursións e sentirse parte da comunidade.

Desde 1929O club do barrio

Un grupo de apaixonados do fútbol do barrio da Torre, alá polo ano 1929, reuniuse nun local da rúa Santo Tomás e tomou a decisión de xerar un club de fútbol. Despois de varios debates de como deberían chamarlle ao novo club, chegouse á determinación de que debería levar o nome do barrio no que xurdiu a idea.

Así se xerou o Club Torre, sinal de identidade durante moitos anos da popular barriada da Torre, paso obrigado para visitar o monumento máis antigo do mundo, faro aínda en funcionamento e “Patrimonio da Humanidade”: a Torre de Hércules.

O club vagou durante varios anos por diferentes locais sociais, todos situados nos bares da zona. Da rúa Santo Tomás á de San Pedro, e logo á rúa da Torre. Fusiónase co Centro Cultural Hércules e é a partires de aí cando basea os seu cerne na zona da rúa Hércules.

Comezou a súa xeira nas competicións deportivas na tempada 1942-43. O primeiro ascenso conquíreo na tempada seguinte, tras unha promoción disputada ao Liceo de Monelos. Na tempada 1945-46 proclámase campión, quedando netamente destacado sobre o seu máis directo perseguidor, con oito puntos de diferenza, o Club Silva.

Na tempada 1946-47 xoga na serie ‘A’ Rexional, na que formaban ademáis do Torre o Noia, Areal de Santiago, Bergantiños, Mariño de Mera e Hércules de San Pedro. O equipo ‘Torreiro’ chega ao cume da súa historia ao quedar Campión da Zona Norte de Afeccioados. Despois xoga a final a dobre partido co campión da Zona Sur, o Turista de Vigo, fronte ao que unha desleixada decisión arbitral privouno de ser o campión e ascender a Terceira División.

Desde o ano 2000, coa Peña Internacional e Antonio Dubra á fronte, o club creou unha escola de fútbol para nenos e nenas desde os catro anos, sumou todas as categorías de base e, en 2012, o equipo feminino. En 2013 a sede volveu ao barrio da Torre: Avenida de Navarra 59, baixo esquerda.

Coñece máisO Torre por dentro

Queres xogar no Torre?

Abertas as inscricións para a escola, o fútbol base, o feminino e o deporte adaptado.

Inscríbete agora