Ir ao contido
Atención ao público: Luns a venres, de 17:00 a 19:30 Avenida de Navarra 59, baixo esquerda 981 25 15 88
Inscríbete

Deporte inclusivo

O fútbol como ferramenta de integración: xornadas, mundialitos e doce convenios coa Fundación Emalcsa.

28 de novembro de 2025 · Lugo

Premio á Xestión Deportiva de Inclusión Social

Na XVI Gala dos Premios Galicia á Xestión Deportiva, o xurado destacou o compromiso do Club Torre coa integración social a través do deporte, a igualdade de oportunidades e o acceso ao deporte para todos os colectivos.

Ler a noticia
XIIConvenios coa Fundación Emalcsa
IXXornadas Solidarias
IXMundialitos da Integración
VIIMundialitos de Fútbol Feminino

Desde as súas orixes o club ten sensibilidade cos problemas sociais e usa o deporte como forma de intervención social. Desde a década de 2010 esa labor medrou con accións directas con varios colectivos.

Cada mes de xulloXornadas Solidarias de Deporte Adaptado e Inclusivo

Multiculturais

Xornadas polideportivas para mozos e mozas do colectivo de inmigrantes e españois.

Deporte adaptado

Para mozos e adultos con distintas capacidades, con entidades como Aspace, Aspronaga, Adcor ou Aspanae.

Deporte inclusivo

Para mozos en risco de exclusión social, e un grupo para todos os nenos ata 12 anos en varios deportes.

Xullo de 2024Mundialito da Integración

Un torneo onde xogan xuntos equipos de moitas nacionalidades. En 2024 celebráronse o IX Mundialito da Integración e o VII Mundialito de Fútbol Feminino, do 2 ao 4 de xullo nos campos de San Pedro de Visma.

Ver a noticia

Fundación EmalcsaConvenio Deporte Solidario e Inclusivo

O 14 de outubro de 2025 o club participou na sinatura do XII Convenio Deporte Solidario e Inclusivo 2025-2026 coa Fundación Emalcsa, que mantén o seu apoio ás accións solidarias e inclusivas do club. O Torre optou á máxima axuda posible que outorga a fundación.

Ver a noticia

Grazas aEntidades que colaboran

Ademais, o club organiza recollidas de alimentos e de tapóns, e partidos solidarios para a Cruz Vermella ou en apoio de colectivos de Senegal.

ActualidadeNoticias de deporte inclusivo

Queres xogar no Torre?

Abertas as inscricións para a escola, o fútbol base, o feminino e o deporte adaptado.

Inscríbete agora