Ir ao contido
Atención ao público: Luns a venres, de 17:00 a 19:30 Avenida de Navarra 59, baixo esquerda 981 25 15 88
Inscríbete

LUTO NO FLAMENGO

Luto no Flamengo e no fútbol mundial diante da traxedia do clube brasileño

Chora o Flamengo, chora Brasil e chora o fútbol mundial a traxedia que envolveu fai unas horas a este clube, un dos máis relevantes de Sudamérica e un dos más queridos en España, e especialmente na nosa cidade na que participou en varias ocasións no Trofeo Teresa Herrera, a última en 1995 en plena era do “Super Depor”.

O incendio das instalacións do clube donde se aloxan as categorías inferiores -o Nido do Buitre- deixa máis de unha decena de mortos, a maioría xogadores novos, entre 14 e 17 anos. Como clube de fútbol base somos conscentes do que significa esa traxedia no seo do clube e, ainda máis, para as familias afectadas.

Queremos enviar todo o noso apoio, cariño e pésame ao Flamengo, ás familias afectadas e a todo o fútbol brasileño.

#DEP 

Comparte: WhatsApp · Facebook

Queres xogar no Torre?

Abertas as inscricións para a escola, o fútbol base, o feminino e o deporte adaptado.

Inscríbete agora