Un ano máis o Club Torre participará no programa #DeporteSolidario financiado pola #FundaciónEmalcsa 

Un ano máis o noso Clube levará adiante unha completa programación de carácter social e solidario apoiado pola Fundación Emalcsa dende a VII Convocatoria do programa Deporte Solidario. O noso presidente, Antonio Dubra, asinou o convenio no Concello da Coruña e foi o encargado de dar as gracias, en nome de todas as entidades deportivas participantes,  á Fundación Emalcsa, a Gadis, que cofinancia o proxecto, e ao propio Concello representado pola Alcaldesa e presidenta da Fundación Emalcsa, Inés Rey, a Concelleira de Deportes Mónica Martínez e a Concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, vicepresidenta da Fundación.

Como cada ano, nestes últimos sete, o Torre desenvolverá accions como as Bolsas para menores con problemas económicos, o apoio a colectivos en risco de exclusión social, o pulo ao deporte base nas edades temperás, continuará coa cooperación exterior axudando á Escola de Fútbol en Senegal e respaldará ás entidades sociais que participan na Liga Social. Tamén, un ano máis, levaremos a cabo dous eventos que teñen medrado moito neste tempo, o Mundialito de Integración Masculino e Femenino que xa se ten convertido nun fito para o deporte entre os distintos colectivos de inmigrantes que viven na nosa cidade e na súa contorna. Agardamos seguir batendo records de participación e que no 2021 a cita teña a vistosidade que non puido ter no tempo da pandemia. Por outra banda, no mes de xullo estaremos puntuais á cita das Xornadas de Deporte Adaptado e Inclusivo, unha oportunidade para aprender, partillar, disfrutar e facer amizades entre persoas con diversidade funcional e xóvenes deportistas de todas as idades e condicións.

O Torneo Internacional, os equipos para a Liga genuine, o Torneo Social ou os eventos de recollida de tapons solidarios serán outras accións nunha tempada na que vos temos preparada algunha sorpresa!!!. 

Non podemos deixar de repetir que nada disto sería posible sen a confianza das entidades socio sanitarias e as ONGs que participan con nós, sen o respaldo dos Servicios Sociais municipais, o traballo dun incansable voluntariado e sin a financiación e o compromiso da Fundación Emalcsa, Gadis e o Concello da Coruña. A todos, moitas gracias!!!!!

#DeporteSolidario #DeporteInclusivo #FundaciónEmalcsa #Gadis #ConcellodaCoruña