O noso lateral Santi Ezequiel Torres participará este domingo na LXXV Edición do Trofeo Teresa Herrera 

Moi orgullosos de ver ao noso lateral, Santi Torres entre os seleccionados para xogar o vindeiro domingo, 20 de decembro, na LXXV Edición do Trofeo Teresa Herrera, unha edición moi especial na que un combinado de #Modestos se enfrentará ao #Deportivo no Estadio de #Riazor.

Será, sen dubida, unha edición moi emotiva e especial. Despois de casi un ano de loita contra a pandemia, o trofeo máis importante do noso país non quixo deixar de conmemorar o seu 75 aniversario. O fútbol modesto, destinatario dos fondos do Teresa Herrera, será o protagonista indiscutible dunha edición que nunca esqueceremos. 

O noso Clube sintese moi honrado de ver un dos seus xogadores entre os seleccionados para a ocasión. Alí estaremos!!. 

#ForzaTorre #ForzaCoruña #TrofeoTeresaHerrera #ConcellodaCoruña