Moi honrados e agradecidos da visita do Ministro de Sanidade, Salvador Illa que nos visitou coa Alcaldesa da cidade, Inés Rey

Moi agradecidos estamos ao Ministro de Sanidade, Salvador Illa, que estaba de visita na Coruña e achegouse a coñecer o noso Campus de Deporte Adaptado e Inclusivo. Veu o Ministro acompañado pola Alcaldesa da cidade, Inés Rey, coñecedora xa das Xornadas, dado que o ano pasado tivemola de invitada en dúas das sesión. Viñeron tamén o Delegado do Goberno de España, Javier Losada, no seu día Alcalde e quen fora creador da Fundación Emalcsa, que financia estas Xornadas. Finalmente estivo tamén con nós o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, quen fixo un alto na súa apretada axenda de campaña para coñecer de primeira mán o noso proxecto.

Moi agradecidos de que se achegaran, de telos recibido e de que tiveran a oportunidade de coñecer esta V Edicións das Xornadas de Deporte Adaptado e Inclusivo, financiado pola Fundación Emalcsa e Gadis dentro do programa Deporte Solidario.

Non olvidaremos nunca esta visita!!!. Gracias!!!