Moitas gracias a todas as persoas que participaron na recollida e entrega de tapons solidarios para ASER

O día 28 de decembro, aproveitando o TORNEO a prol da MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E A NON VIOLENCIA fixemos una recollida de TAPONS SOLIDARIOS entregamosllos á asociación de persoas con enfermidades raras, ASER.

Queremos aproveitar esta ocasión para agradecer a todas as persoas e comercios que participaron nesta recollida e nesta acción solidaria que forma parte do noso proxecto social, apoiado pola FUNDACIÓN EMALCSA dentro do programa DEPORTE SOLIDARIO. Agradecemos á Fundación e ao Concello da Coruña este respaldo económico que nos permite levar adiante accións como esta

Moitas gracias, tamén, a quenes nos quixeron acompañar coma sinal de respaldo. Os concelleiros Roberto García (grupo PP ) e Mónica Martínez (Ciudadanos) e á Subdelegada do Goberno de España, Pilar López Rioboo.