Achegamos os resultados dunha gran xornada para o #ClubeTorre 

De moi boa pode calificarse esta pasada xornada, para a meirande parte dos nosos equipos de fútbol base. Malia as derrotas do #Femenino, do #BenxaminB e do #AlevinA, os restantes resultados supoñen unha boa colleita para os nosos. De xeito especial queremos salientar as victorias dos equipos #Infantil, #Xuvenil e #Senior, que loitan por acadar importantísimos obxectivos. E, como non, saudar o esforzo e o éxito tan relevante do equipo #Cadete, a un pasiño de darnos unha grande alegría.

parabens e #ForzaTorre !!!