A Federación Galega de Fútbol abre una liña de axudas económicas para potenciar o fútbol femenino 

A Federación Galega de Fútbol ven de anunciar una liña de axudas económicas para o fútbol femenino, mantendo a liña de potenciar a incorporación das mulleres ao fútbol e de respaldar aos clubes que contan con equipos femeninos. Estas axudas elévanse a 200 mil euros, dirixidos específicamente aos gastos de transporte xenerados nas distintas competicións. 

A Federación explicou, o pasado luns, aos clubes os criterios de reparto destas axudas, nunha reunión que tivo lugar na sede federativa de Santiago de Compostela. No referente aos desprazamentos, os clubes de Primeira, Segunda e Liga Promesas recibirán 0'75 € por kilómetro, os que compiten en Fútbol 8 e Fútbol 7 contarán con 0'25 € por de kilómetro e os que participen na Copa Gallaecia disporán dun autobús. A Federación aboará a mitade da axuda antes do 31 de xaneiro e a cantidade restante antes do 30 de xuño. 

Estas axudas ao transporte súmanse ás restantes que a Federación ten posto en marcha có obxectivo de incrementar a presenza femenina no fútbol, una presenza que xa suma máis de cinco mil licenzas hoxe en día.

www.futgal.es