O Club Torre-Cafetería Internacional de fútbol sala danos unha alegría ao clasificarse de maneira brilante para a 2ª Fase do Campeonato e loitar polo título de Liga

Un ano máis, o fútbol sala danos unha alegría. E van moitas, xa, dende que fai 40 anos o equipo Torre-Cafetería Internacional fundara, xunto con outros equipos locais, a Liga Coruñesa na que leva catro décadas participando. O trunfo dos nosos fronte ao FUBASA por 0-9 certificou o seu pase á Segunda Fase na que loitarán por acadar o título de Liga. Neste momento queremos lembrar todo o esforzo de tantos e tantos xogadores que ao longo destes anos vestiron a nosa camiseta e, como non, ter unha lembranza especial para Caruso, que se repón dunha importante fractura de tibia e ao que os seus compañeiros quixeron dar ánimo a pasada semana cando xogaron fronte ao CAFÉ ARUBA.

Así que, moito ánimo Caru!!!, e bó traballo, equipo!!!!... A seguir que o mellor está por vir!!!

#ForzaTorreInternacional #90Aniversario #PatrimonioCoruñés