Un ano máis abrimos o prazo de inscripcion cara a vindeira tempada coas seguintes novidades e melloras para a vosa comodidade e maior ledicia, aprendizaxe e implicación dos nenos e nenas do club.

Ampliamos a oferta nos *pack´s de inscripción, dandovos tres opcions:

  1. Unha camiseta, un pantalón curto, un xogo de medias e un chubasqueiro.
  2. Unha camiseta, un pantalón curto, un xogo de medias e unha sudadeira.
  3. Duas camisetas, dous pantalóns curtos, e dous xogos de medias.

*Unha vez formalizada a inscripcion ou renovacion.

Grazas ao noso convenio con Grafostic (UMBRO), terá a túa disposición a sua tenda en A Coruña, onde poderás atopar todas as prendas do noso clube a uns prezos incríbles, con descontos noutras marcas deportivas (só por pertencer ao noso club).

No primerio partido oficial faremos entrega da camiseta e do pantalón oficial do club, os dous co teu dorsal (que terás que devolver ao remate da tempada) e ademáis doutro xogo de medias.

Outra novidade: terás un agasallo en material deportivo por inscribir a un amigo en calqueira dos equipos do club, aínda que sexa noutra categoría diferente á túa.

Documentación necesaria para a renovacion dun xogador do clube:

  • SE CONTINUA NA MESMA CATEGORIA, AUTORIZACION FIRMADA POLOS PAIS OU TUTORES E POLO XOGADOR.
  • SE PASA A SEGUINTE CATEGORIA, DUAS FOTOS DO XOGADOR.

Documentación necesaria para a inscricpción dun novo xogador:

  • ENCHER OS DATOS DO XOGADOR NA FICHA DO CLUB E ASINAR A AUTORIZACIÓN O PAI, NAI OU TUTOR.
  • ASINADA A DERRADEIRA FOLLA DO “REGULAMENTO INTERNO”. (Disponible na nosa web)
  • TRES FOTOS IGUAIS TAMAÑO CARNET. (Non as peguedes á folla da ficha).
  • NO CASO DE XOGADORES EXTRANXEIROS ENTRE 12 E 17 ANOS DEBERAN IR Á FEDERACIÓN GALEGA DE FUTBOL (Rúa Menéndez Pelayo, 18 – 2º) NA COMPAÑA DE PAI, NAI OU TUTOR, PARA ASINAR UNHA DECLARACIÓN XURADA. (Só a primeira vez e se non xogou nunca en nengún club galego).
  • POR ULTIMO, A SINATURA DO XOGADOR NA FICHA OFICIAL DA FEDERACION GALEGA DE FUTBOL (F.G.F.) PROPORCIONADA POLO CLUB.

NOTA: AQUI ABAIXO PODERAS DESCARREGAR A DOCUMENTACION NECESARIA, QUE DEBERAS DE CUMPRIMENTAR E ACHEGALA AO CLUB.